Cambio climático: evidencia científica e resposta internacional
Date
2010
Embargo
Authors
Advisor
Coadvisor
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
OBSERVARE. Universidade Autónoma de Lisboa
Language
Alternative Title
Abstract
Que o noso planeta está a experimentar
un drástico cambio
ambiental ao longo das últimas
décadas é unha evidencia.
Procesos como o progresivo
incremento das concentracións
de gases de efecto invernadero, o
quentamento global, o incremento do
nivel do mar, a desertización ou a perda de
biodiversidade non son novas na historia
da terra. Porén, é a velocidade á que estes
cambios están acontecendo o que supón un
feito sen precedentes, causado principalmente
polo crecemento descontrolado
dunha única especie: Homo sapiens. Desde
unha perspectiva ecolóxica, o mantemento
desta extraordinariamente elevada taxa de
crecemento poboacional da nosa especie
implica necesariamente a perturbación
dos fl uxos de enerxía entre os diferentes
compartimentos da biosfera e mesmo é
responsable do establecemento de novas
vías de transmisión desta enerxía.
É evidente que nos últimos tempos o grao
de interese, e mesmo preocupación, que
as sociedades humanas veñen amosando
polo fenómeno do cambio climático ten
aumentado de xeito signifi cativo. Esta nova
sensibilidade social xustifícase en grande
medida nas conclusións derivadas do 4.º
informe do Panel Intergubernamental para
o Cambio Climático (IPCC) das Nacións
Unidas (IPCC, 2007).
Keywords
Document Type
Journal article
Publisher Version
Dataset
Citation
Identifiers
TID
Designation
Access Type
Open Access